luns, 23 de febreiro de 2015

IMPORTANTE- Activodad Extraescolar inglés

Se informa a todos los alumnos que acuden a la actividad extraescolar de inglés que mañana martes no habrá clase y en su lugar se impartirá el jueves a la misma hora. 

xoves, 12 de febreiro de 2015

CENTROS EDUCATIVOS_XIII XORNADA DE NAIS E PAIS EDUCANDO EN IGUALDADE


Boas tardes,

A Secretaría Xeral da Igualdade está a organizar a XIIIXornada galega de nais e pais. Educando en igualdade: ?Estratexias lúdicas en Igualdade. Uso sen abuso de videoxogos e smartphones para as nais e pais e as súas fillas e fillos e que ten como obxectivo abordar a problemática do sexismo nos videoxogos e teléfonos intelixentes así como evitar o seu uso abusivo.
 
Dirixímonos a vostedes para solicitarlles a súa colaboración na difusión desta actividade formativa destinada a sensibilizar as familias no importante labor que poden realizar co fin de apoiar usos seguros e saudables dosvideoxogos e smartphones por parte de nenos, nenas, que terá lugarna data e lugar abaixo indicados:
 
Día: 21 de febreiro de 2015
Lugar: EGAP R/Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
Prazo de inscrición: ata o 19 de febreiro de 2015
 
Agradecémoslles que remitan copia deste correo electrónico á ANPA do seu centro.
 
Poderá atopar o programa e a solicitude de inscrición na nosa paxina web (http://igualdade.xunta.es) , no folleto e arquivos que se achegan neste correo electrónico.
 
Grazas pola súa colaboración, un saúdo,
 
Secretaría Xeral da Igualdade
Edificio Administrativo San Lázaro S/N

15703   Santiago de Compostela