sábado, 28 de outubro de 2017

MAGOSTO E SAMAÍN NO IES S.PAIO


NA TARDE DO LUNS 30/10 VAISE CELEBRAR O MAGOSTO E O SAMAÍN NO INSTITUTO SAN PAIO.
 
ANIMAMOS A TODAS AS RAPAZAS E OS RAPACES A QUE PARTICIPEN NOS XOGOS E CONCURSOS.
 
A ANPA COLABORA NESTA FESTA FINANCIANDO OS PREMIOS DAS DIVERSAS COMPETICIÓNS. 

venres, 27 de outubro de 2017

SERVICIO DE COMEDOR NO CENTRO SOCIOCOMUNITARIO


Recordamos que as familias que necesiten servicio de comedor para os luns ou para calquera outro día (por exemplo se teñen actividade extraescolar pola tarde), teñen a súa disposición o servicio de cafetería do Centro Sociocomunitario, (edificio que linda co recinto do instituto).

O prezo do menú é de 5 €.
E consta de: plato único +bebida+postre+pan

Os rapaces e rapazas poden permanecer nas súas instalacións ata a hora da clase ou da actividade extraescolar.

Os usuarios poden usar o servizo de maneira permanente ou de maneira ocasional.

Para reservar plato, ou para máis información, aquí deixamos o tlf: 886 110 792

Un saúdo.

mércores, 11 de outubro de 2017

CADRO RESUMO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2017-18

Se o desexas descargar ou imprimir, preme aquí


OBRADOIRO DE EXPRESIÓN ORAL E ESCRITA

ATENCIÓN: NOVO HORARIO

OS MÉRCORES de 17:40h-18.40h
(comezamos o mércores 18/10/17)

Duración: curso escolar (ata maio)

PREZO SOCIO: 13€/mes
NON - SOCIO : 18€/mes

"ONDE DIN DIGO, ESCRIBO DIEGO"

Enriquece o vocabulario.

Aumenta a comprensión escrita.

Mellora a expresión escrita e a ortografía.

Aumenta a creatividade.

Axiliza a mente, potenciando a atención e a concentración.

Aumenta a capacidade de síntese.

Aporta todo tipo de información.

Crea hábitos de reflexión e análise.

Desperta aficións, etc.

Para descargar o dosier preme aquí:

OBRADOIRO TÉCNICAS DE ESTUDO

ATENCIÓN: NOVO HORARIO

OS MARTES: de 17:40h a 18:50h
(comezamos o martes 17/10/2017)

PREZO SOCIOS: 28€/curso completo
NON -SOCIOS:    44€/cuso completo

OBRADOIRO DE TRES MESES:
OUTUBRO-NOVEMBRO-DECEMBRO

"APRENDO A ESTUDIAR"

SESIÓNS                           CONTIDO
 
                    Presentación e posta en común de expectativas

                          Test de autocoñecemento: ¿Cómo estou a estudar?

                          Consellos iniciais

                   A planificación do estudo

                   A planificación do estudo

                  O subliñado e as anotacións

                  O subliñado e as anotacións

                  A esquematización e o resumo

                  Técnicas de memorización

                  Técnicas de concentración

                         Estudar Matemáticas e Idiomas
                         Estudar Letras e Ciencias Naturais

10ª                 Preparar un exame

                        Valoración persoal do obradoiro

Para descargar o dosier completo preme aquí:



sábado, 7 de outubro de 2017

NOVA ACTIVIDADE DE ROBÓTICA

NOVA ACTIVIDADE PARA OS NENOS E NENAS DO S.XXI
"... o mercado laboral busca programadores de robótica..."
"... 100% de colocación... "

      OS VENRES de 16:30h a 17:30h
      Comezamos o venres 20-10-2017

      Prezo SOCIO ANPA: 10€/mes
      Prezo NON-SOCIO:   15€/mes

  • ACTIVIDADE INTERDISCIPLINARIA
  • SISTEMAS DE PROGRAMACION: Scratch, Mblock, Appinventor, Bitbloq, Arduino.
  • BASES DA ELECTRÓNICA E DA FÍSICA
  • CONSTRUCCIÓNS DE ROBOTS E TREBELLOS CON MATERIALES E MOTORES DE REFUGALLO 
Sobre ACLUDI

Máis detalle no seguinte dosier, poder descargalo aquí



venres, 6 de outubro de 2017

-ATENCIÓN - BANCO DE LIBROS

                 ENTREGA DE LIBROS DO BANCO DE LIBROS DA ANPA

                                          MARTES 10/10/17 (19:30-20:30)
OS SOCIOS QUE TEÑEN VALES DE DOAZÓNS PODERÁN PASAR A TROCALOS POR LIBROS DO BANCO OU POR VALES DESCONTO DE 5€ PARA CONSUMIR NAS LIBRERÍAS DE TUI (VALVERDE, IRIS, NOBEL E CARLIN)


                                          MÉRCORES 11/10/17 (19:30-20:30)
                                               O RESTO DOS SOCIOS


IMPORTANTE: co fin de garantizar o retorno dos libros de 4ºda ESO, é preciso depositar una FIANZA de 30€/familia aqueles socios que aluguen libros de 4º, a cal será devolta ao remate do curso cando entreguen os libros.


MAGIC ACADEMY

NOVIDOSA ACTIVIDADE INTERDISCIPLINARIA
      
       OS XOVES de 16:30h a 17:30h
       Comezamos o vindeiro xoves 19-10-2017
    
       Prezo SOCIO ANPA: 15€/mes
       Prezo NON-SOCIO:   20€/mes
  • TRUCOS DE MAXIA DE CERCA
  • GLOBOFLEXIA
  • SOMBRAS CHINESAS
  • EXPRESIÓN CORPORAL E TÉCNICAS PARA FALAR EN PÚBLICO
  • MATERIAL INCLUIDO
Se queres saber máis: http://www.ilusionateaprendiendo.com/
http://www.handshadows.co.uk/en_US/

Se desexas descargar este dosier preme aquí.


 
NOVA ACTIVIDADE NO IES S.PAIO
INICIO: 18-10-2017 
Profesora: CHUS
Prezo SOCIO ANPA: 15€/mes
Prezo NON-SOCIO: 20€/mes

ENGLISH DRAMA CLUB

DATA DE COMENZO: MARTES 24/10/2017 SALÓN DE ACTOS DO IES S.PAIO - 16:30-18:30 ACTIVIDADE DE BALDE. Podes descargar aquí o DOSIER E FICHA DE INSCRICIÓN

luns, 2 de outubro de 2017


CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL AMPA SAN PAIO (TUI)

CURSO 2017-2018

 

Informamos a todos os/as socios/as da Ampa do IES San Paio que, por acordo da Xunta Directiva, convócase para o vindeiro día 5 de outubro de 2017 a Asemblea Xeral Ordinaria, ás 19:30 h. en primeira convocatoria e ás 20:00 h. en segunda, no salón de actos do IES San Paio, co seguinte:

 

ORDE DO DÍA

1)        Lectura e aprobación da acta anterior.

2)        Estado de contas e memoria anual da Ampa.

3)        Altas e baixas na Xunta Directiva.

4)        Actividades extraescolares.

5)        Servicio de comedor para os luns.

6)        Banco de libros.

7)        Abono de cotas de socios/as.

8)        Rogos e preguntas.

 

Lembrar que os/as socios/as poden enviar propostas para ser debatidas e sometidas a votación na Asemblea. Ditas propostas deberán presentarse cuns días de antelación á celebración da Asemblea e serán enviadas ao correo electrónico ampa.sampaio.tui@gmail.com, no blog: ampasanpaio@blogspot.com ou depositadas na caixa do correo que a AMPA ten no centro.

Así mesmo, lembrar que poden acudir á Asemblea con voz e voto os/as socios/as que estean ao corrente de pago da cota social. Dita cota pode pagarse en efectivo o día da asemblea.
 
En Tui, a 29 de setembro de 2017
 
Sonia Puertas
Presidenta