luns, 2 de outubro de 2017


CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL AMPA SAN PAIO (TUI)

CURSO 2017-2018

 

Informamos a todos os/as socios/as da Ampa do IES San Paio que, por acordo da Xunta Directiva, convócase para o vindeiro día 5 de outubro de 2017 a Asemblea Xeral Ordinaria, ás 19:30 h. en primeira convocatoria e ás 20:00 h. en segunda, no salón de actos do IES San Paio, co seguinte:

 

ORDE DO DÍA

1)        Lectura e aprobación da acta anterior.

2)        Estado de contas e memoria anual da Ampa.

3)        Altas e baixas na Xunta Directiva.

4)        Actividades extraescolares.

5)        Servicio de comedor para os luns.

6)        Banco de libros.

7)        Abono de cotas de socios/as.

8)        Rogos e preguntas.

 

Lembrar que os/as socios/as poden enviar propostas para ser debatidas e sometidas a votación na Asemblea. Ditas propostas deberán presentarse cuns días de antelación á celebración da Asemblea e serán enviadas ao correo electrónico ampa.sampaio.tui@gmail.com, no blog: ampasanpaio@blogspot.com ou depositadas na caixa do correo que a AMPA ten no centro.

Así mesmo, lembrar que poden acudir á Asemblea con voz e voto os/as socios/as que estean ao corrente de pago da cota social. Dita cota pode pagarse en efectivo o día da asemblea.
 
En Tui, a 29 de setembro de 2017
 
Sonia Puertas
Presidenta 
 
 
 
 
 
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario