martes, 9 de xullo de 2013

CHARLA COLOQUIO INFORMATIVA

     Nos llega la siguiente información de interés para ANPAs y padres en general. Se trata de una charla coloquio, para la que nos solicitan difusión, sobre la LOMCE y organizada por el BNG Tui.
     Dejando claro la absoluta desvinculacion de esta asociación con este partido en particular y con todos en general, ya que no tenemos, como asociación de miembros heterogénea que somos, ninguna tendencia política, si nos parece de interés para darle difusión en nuestro blog.






A LOMCE a exame.
Análise crítica da Educación que nos espera.

O BNG de Tui organiza o próximo mércores día 10 de Xullo, ás 20:30 da tarde, na Sala Félix Rodríguez (Traseira Área Panorámica), unha charla-coloquio informativa sobre a futura Lei de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE).

Contaremos coa presenza de:

- Xosé Manuel López Fernández, profesor de Inglés no IES Laxeiro de Lalín, membro do Movemento Dezao polo Ensino Público.

- Carme Adán, catedrática de Filosofía no IES Politécnico de Vigo e Deputada do BNG no Parlamento Galego. Foi profesora no IES San Paio durante 13 anos.

Analisaremos:

  • -  A configuración das etapas escolares que propón a LOMCE, tanto en Primaria como en Secundaria, as materias que se impartirán, etapas, níveis, selectividade, promocións ou repeticións de cursos, admisións e prazas nos centros escolares, etc.

  • -  Como se governarán os Centros de Ensino: Funcións das Direccións, Consellos Escolares; papeis das ANPAS...

  • -  Puntos máis polémicos: Papel da Relixión, Educación para a cidadanía, reválidas, potenciación do ensino privado, segregacións por sexo...

  • -  Liñas ideolóxicas que sustentan o proxecto.

    Estableceremos un coloquio co público que desexe expresar opinións sobre o tema ou resolver dúbidas. Convidamos a pais, nais, alumnos e alumnas, profesores e profesoras e cidadania tudense en xeral a coñecer a Lei Educativa que o Governo español quer aprobar estes meses para aplicar desde o seguinte curso escolar.

page1image6740 page1image6824

Xosé Manuel López

Carme Adán 

Ningún comentario:

Publicar un comentario