martes, 18 de setembro de 2018


CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL AMPA SAN PAIO (TUI)
CURSO 2018-2019

Informamos a todos os/as socios/as da Ampa do IES San Paio que, por acordo da Xunta Directiva, convócase para o vindeiro xoves día 20 de SETEMBRO de 2018 a Asemblea Xeral Ordinaria, ás 19:00 h. en primeira convocatoria e ás 19:30 h. en segunda, no salón de actos do IES San Paio, co seguinte:
ORDE DO DÍA
1)       Lectura e aprobación da acta anterior.
2)       Estado de contas e memoria anual da Ampa.
3)       Renovación da Xunta Directiva.
4)       Actualización da cota de socios/as.
5)       Banco de libros.
6)       Rogos e preguntas.

Lembrar que os/as socios/as poden enviar propostas para ser debatidas e sometidas a votación na Asemblea. Ditas propostas deberán presentarse cuns días de antelación á celebración da Asemblea e serán enviadas ao correo electrónico ampa.sampaio.tui@gmail.comou depositadas na caixa do correo que a AMPA ten no centro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario